Escorrentando nazis en Galicia

O Exército de fume, de Manuel Gago

Na escola apréndennos que en Galicia non houbo Guerra Civil. Eramos pobres, conservadoras e labregas, descoidámonos un momento e convertémonos en territorio franquista por sempre xamáis (polo menos ata 2020). No instituto fixéronnos ler un número infinito de novelas sobre a Guerra Civil para ensinarnos sobre a represión e as vítimas, ata o punto de que moitas alumnas experimentabamos unha especie de efecto rebote: chegaba un punto no que nos raiaba e non nos apetecía ler outro libro que, as máis das veces, era prácticamente igual ao anterior en canto ao fío argumental se refire. Ao mellor sona un pouco insensible, pero eramos adolescentes e aburriámonos coma nada.

As historias esquecidas

O caso é que en Galicia non houbo guerra, pero abofé que houbo resistencia. Como é posible que non nos contaran, a nós, teenagers galegas dos 90 fascinadas coas sagas norteamericanas e coas fantasías heroicas de ciencia ficción, os feitos máis épicos da Galicia recente?

É que a ver. Estamos a falar de xente que facía cousas super guais como disfrazarse de cura para ir ver xogar ao Depor diante da Garda Civil, obrigar a falanxistas a pagarlles sumas inxentes no nome da República en plena ditadura, ou roubar as nóminas enteiras dunha compañía mineira no 14 de abril. Xente que por riba tivo unha fin tráxica de drama hollywoodiense total, cando os aliados, despois de utilizalos a pracer, decidiron que lles era moito rollo liberar a Península e que mellor deixaban a Paquito onde estaba, traizoando á resistencia galega!

Poucas veces nos relataron as historias de incansable resistencia antifascista daquelas que se botaron ao monte. Tampouco soubemos da xente das aldeas que sen dubidalo axudou aos guerrilleiros, do médico de Bergantiños que foi preso por socorrer ao Foucellas, nin das lendas de bandoleiros que se lles contaban aos nenos para agochar a realidade de que houbo quen decidira non se render.

Benigno Andrade O Foucellas, un dos guerrilleiros máis míticos da Galicia de posguerra.

Todas coñecemos a Operación Walkyria, mais cantas de nós sabemos quen foi O Piloto e cantas veces escoitamos das fazañas do invicto Curuxás (único guerrilleiro non cazado ou exiliado)? Temos idea de que era e onde estaba a Cidade da Selva? En retrospectiva, isto pasa nos USA e a estas alturas hai 20 películas polo menos.

O Exército de fume é unha novela de aventuras. Quizáis sexa, como se di nalgunhas críticas un intento de responder á demanda de best sellers en galego. Achácaselle tamén non ser o libro máis literario do mundo en canto a recursos estilísticos. Pero é trepidante, cinematográfico (case podes imaxinar a versión película cando o les) e sabe mesturar realidade e ficción para falarnos desta parte da Historia olvidada e mal contada: as xestas dos heroes e heroínas que resistiron cando todo estaba perdido. Persoas ás que é unha vergoña que non lle poñamos nome.

Profes de historia, faládelle disto aos rapaces!

Que heroes houbera en Galicia? Non recordaba ningún […] Ninguén falaba deles. Os heroes en Galicia non teñen nome

Manuel Gago, O Exército de fume, Xerais 2018

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

Crea tu página web en WordPress.com
Empieza ahora
A %d blogueros les gusta esto: